Inicio Galicia A Xunta de Galicia destaca a importancia da formación para mellorar a...

A Xunta de Galicia destaca a importancia da formación para mellorar a situación sociolaboral das persoas en risco de exclusión

0

O programa inclúe cursos de inmersión lingüística e cultural para migrantes, preparación en competencias clave e a elaboración de itinerarios de inserción socio-laboral


O director xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social, Arturo Parrado, e a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participaron hoxe na presentación da memoria de actividades e na entrega de diplomas aos participantes nas accións formativas realizadas pola Plataforma polo Emprego no curso 2018-2019. Trátase dunha rede que traballa en iniciativas dirixidas á mellora dos procesos de integración e inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión social.

Arturo Parrado gabou a vontade de superación e a actitude activa das persoas que participaron nestes cursos. Ademais, garantiu que o Goberno galego seguirá a traballar pola plena inclusión a través do apoio de iniciativas de formación, ao tratarse dunha das principais ferramentas para avanzar cara a integración dos colectivos máis vulnerables, como o das persoas migrantes.

A Dirección Xeral de Inclusión concedeu unha achega económica de 137.000 euros a esta plataforma social para o período 2018-2020, que permite o desenvolvemento de accións formativas en competencias chave, cursos de inmersión lingüística e cultural para poboación inmigrante e a elaboración de itinerarios de inclusión. Estes programas teñen lugar, fundamentalmente, nos municipios de Santiago de Compostela, Padrón, Boiro, Noia, Rianxo.

Pola súa banda, Covadonga Toca sinalou que unha das prioridades da Xunta é o impulso do emprego inclusivo, destacando que a formación é o camiño para xerar emprego estable e de calidade e para impulsar tamén o emprego inclusivo. Neste intre, explicou a necesidade de que os novos perfís profesionais se adapten ás necesidades e demandas reais do tecido produtivo, condicionado polos novos retos que marca a Industria 4.0. Para Toca, é importante a formación dual, un modelo que está a impulsar a Administración autonómica, xa que inclúe formación e prácticas e un compromiso de contratación por parte dos empresarios. No ámbito do emprego inclusivo, Toca lembrou que a Xunta ten activa unha liña de axudas, para apoiar ás empresas de inserción laboral na contratación de persoas e lembrou que o programa Galicia Emprega inclúe apoios para a formación e a contratación de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social. Inclúense incentivos de 8000 euros para a contratación inicial destes colectivos durante 12 meses a xornada completa, que poden alcanzar os 16.000 euros para os contratos indefinidos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre