Inicio Galicia A Xunta de Galicia creará un Consello autonómico de participación infantil e...

A Xunta de Galicia creará un Consello autonómico de participación infantil e adolescente en 2020

0

Este órgano servirá para recoller as ideas e necesidades da mocidade galega mediante as cales impulsar estratexias e iniciativas á súa disposición

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asistiu esta mañá ás xornadas de formación sobre o programa Cidades Amigas da Infancia de Unicef celebradas en Boqueixón. Alí anunciou que o Goberno galego creará un Consello autonómico de participación infantil e adolescente o próximo ano para recoller ideas e necesidades da mocidade galega mediante as cales impulsar estratexias e iniciativas á súa disposición.

Fabiola García lembrou que se trata dunha solicitude reiterada pola mocidade que permitirá acadar máis cohesión e concienciación no conxunto da sociedade galega sobre a necesidade de protexer os dereitos da infancia e da adolescencia. Así, este órgano estará conformado polos participantes nas comisións locais que pertenzan ao programa Cidades Amigas da Infancia e buscará solucións para as diferentes dificultades ás que se enfronta a xuventude desde o consenso e a colaboración.

Neste sentido, a conselleira sinalou que durante o último ano o número de localidades galegas adheridas ao programa Cidades Amigas da Infancia pasou dunha, Castrelo de Miño, a nove coa incorporación dos concellos de Teo, Cabanas, Carnota, Moeche, Redondela, Tomiño, Porriño e Ourense. A conselleira agradeceu á FEGAMP a súa colaboración na divulgación deste proxecto mediante a cal xa se está atraendo o interese doutros concellos como o de Ponteareas e O Barco de Valdeorras.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre