Inicio Galicia A Xunta de Galicia convoca a primeira edición do programa Parlamento Xove...

A Xunta de Galicia convoca a primeira edición do programa Parlamento Xove en categoría universitaria

0

Poden participar todos os estudantes de grao das tres universidades galegas matriculados no curso académico 2018/2019

A Xunta de Galicia convoca por primeira vez a iniciativa Parlamento Xove, para a categoría universitaria. A través da Dirección Xeral de xuventude, Participación e Voluntariado ponse en marcha esta iniciativa destinada ás mozas e mozos estudantes de grao das tres universidades galegas matriculados no curso académico 2018/2019.

Esta actividade amplíase ao eido universitario con fin de fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente ideas propias. Así, os equipos interesados en participar deberán enviar o formulario de preinscrición dispoñible na páxina web oficial do certame do 11 ao 15 de marzo.

Para esta iniciativa poderán participar un máximo de oito equipos, cada un deles deberá estar composto por entre dous e catro integrantes. Unha feita a selección, os equipos participantes no torneo deberán enviar por correo o formulario de inscrición entre o 18 e o 22 de abril.

Así mesmo, a competición terá dúas fases. A primeira será unha fase clasificatoria para logo pasar a unha final de eliminatoria final. Estas dúas fases do Parlamento Xove para estudantes universitarios terán lugar na mesma fin de semana, venres en horario de tarde e sábado en horario de mañá.

Os equipos gañadores levaranse unha viaxe para os integrantes do mesmo valorada en 2500 euros. Os membros do equipo finalista tamén recibirán un agasallo polo seu papel na competición. Ademais, os universitarios distinguidos polo xurado como mellores oradores recibirán un diploma acreditativo emitido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.10 anos de debatesCómpre lembrar que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado vén celebrando a iniciativa Parlamento Xove desde hai 10 anos nas categorías de ESO (3º e 4º) e Bacharelato (1º e 2º), no que participan 24 equipos por categoría formados por catro alumnos e un profesor, que será o coordinador. En estas dúas categorías, a fase clasificatoria desenvolverase no Centro Residencial Docente A Coruña (Culleredo) os días 9 de marzo (para ESO) e 16 de marzo (para Bacharelato).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre