Inicio Galicia A Xunta de Galicia concede axudas por un importe total de preto...

A Xunta de Galicia concede axudas por un importe total de preto de 74.000 euros a un total de 32 ANPAs de educación especial

0
image_gallery.jpg

O obxectivo é contribuír a sufragar a realización de actividades, así como gastos de adquisición de material ou mantemento de instalacións, entre outros


Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2020.- A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de conceder axudas por un importe total de 73.926 euros a 32 confederacións, federacións e asociacións de nais e pais (ANPAs) de alumnado de centros de educación especial de toda Galicia. A relación de entidades beneficiadas pode consultarse na resolución, publicada Diario Oficial de Galicia.

O importe das axudas oscila entre os 1.000 e os 10.112 euros. As axudas van destinadas tanto para a realización de actividades como para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período subvencionado.

Estas axudas enmárcanse no compromiso da Xunta de Galicia coa atención á diversidade do alumnado, en concreto ao que presenta necesidades educativas especiais. Neste sentido cómpre lembrar que, entre outras accións, a Consellería de Cultura e Educación contribúe ao financiamento dos servizos de comedor e transporte escolar.

Deste xeito, subvenciónase o servizo de comedor escolar a 518 alumnos de centros de educación especial non públicos a través de convenios con 15 entidades, cun orzamento de 223.441,96 euros; mentres que, no que atinxe ao transporte, se dá cobertura a 311 alumnos de centros de educación especial que non son públicos a través de convenios con 13 entidades, cun orzamento de 1.016.115,92 euros.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre