Inicio Galicia A Xunta de Galicia concede axudas a 20 concellos para elaborar os...

A Xunta de Galicia concede axudas a 20 concellos para elaborar os plans de emerxencia fronte á seca

0

O Goberno galego prevé que o vindeiro ano sexan 40 os municipios que teñan os seus documentos preparados para poder anticiparse a posibles situacións de seca

A Xunta de Galicia concede axudas a 20 concellos para elaborar os plans de emerxencia fronte á seca.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de notificarlle aos municipios beneficiados o outorgamento destas subvencións enmarcadas nunha convocatoria dotada con 250.000 euros.

Esta segunda convocatoria, publicada en xuño, súmase á do ano pasado, que xa beneficiou a 20 concellos. Así, prevese acadar o vindeiro ano os 40 concellos cos seus documentos preparados para poder anticiparse a posibles situacións de seca.

O Goberno galego, con estes incentivos, presta apoio técnico e financeiro en materia de augas aos concellos para que cada sistema de abastecemento dispoña do seu propio plan de emerxencia fronte á seca e teña claro como actuar ante unha situación de alerta.

As axudas financiarán o 80% do custo da redacción do plan, cun importe de ata 15.000 euros por solicitude e subvencionarán actuacións realizadas desde o 1 de xaneiro. Ademais, as axudas son compatibles co cofinanciamento que acheguen outras administracións públicas, como as deputacións provinciais.

Os plans de emerxencia fronte a seca son un instrumento clave para anticiparse e preparar solucións que garantan o abastecemento de auga á poboación.

Cómpre lembrar que a Lei de garantía de abastecemento de auga, aprobada pola Administración autonómica e que entrou en vigor o pasado mes de xaneiro, establece un prazo de 2 anos para que os concellos de menos de 20.000 habitantes elaboren plans de emerxencia fronte á seca.

A seguinte relación mostra os concellos aos que Augas de Galicia vén de comunicarlle a concesión da citada axuda.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre