Inicio Galicia A Xunta de Galicia colabora coa Fundación Pazo de Mos na realización...

A Xunta de Galicia colabora coa Fundación Pazo de Mos na realización de actividades culturais

0

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e o presidente da entidade, Antonio Rial, asinaron un acordo de colaboración co obxectivo de fomentar a cultura e promocionar o Camiño de Santiago

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asinou hoxe con presidente da Fundación Pazo de Mos, Antonio Rial, un acordo de colaboración para a realización de actividades culturais en Mos a través de dita institución, nun acto no que tamén estivo presente a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

O obxectivo principal desta colaboración por parte da Xunta de Galicia coa Fundación é promocionar o Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio mosense e darlle vida ao Pazo, unha das principais xoias do patrimonio histórico e arquitectónico da localidade.

O documento rubricado contempla a realización dun concerto no V Festival Intercéltico O Son do Pazo no mes de setembro, que estará protagonizado por unha entidade musical senlleira de música tradicional de Galicia. Así mesmo, ao abeiro deste acordo, programarase un ciclo de cinema contemporáneo, diversas sesións de contacontos a cargo da compañía de teatro Os Ghazafellos e levarase a cabo o programa Nadal en Rede 2019. A realización destas accións contará cun investimento por parte da Xunta de Galicia de 11.000 euros.

Anxo M. Lorenzo destacou o traballo da Fundación Pazo de Mos e do Concello de Mos a prol da difusión da nosa cultura, ao tempo que salientou a importancia da cooperación entre institucións e administracións para levar a cabo actuacións que redunden no beneficio dos galegos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre