Inicio Galicia A Xunta de Galicia colabora co Ministerio de Cultura no avance do...

A Xunta de Galicia colabora co Ministerio de Cultura no avance do III Plan Estratéxico de Bibliotecas

0

O secretario xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou en Madrid no Consello de Cooperación Bibliotecaria no que se avanzou neste plan

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou no pleno do Consello de Cooperación Bibliotecaria de España que se celebrou estes días en Madrid e que serviu para avanzar no III Plan Estratéxico de Bibliotecas 2019-2023 con propostas para atender a diversidade de xénero e dar visibilidade ás mulleres a través da formación.

A Xunta de Galicia colabora así co Goberno central no avance deste Plan Estratéxico que está sendo dirixido pola Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura e Deporte e que conta coa aportación de todas as comunidades.

Trátase dun plan estratéxico que terá como fío condutor a igualdade de xénero a través de catro liñas de actuación nas bibliotecas: Públicos, Profesionais e equipos, Visibilidade das bibliotecas e Cidadanía dixital. Así mesmo, porase en marcha unha Comisión de Igualdade e Diversidade de Xénero na que participarán asociacións e organizacións representativas do sector.

O pleno tamén aprobou avanzar no Plan Nacional de Dixitalización do Patrimonio Bibliográfico. Trátase dun grupo de traballo creado polo Consello de Cooperación Bibliotecaria co obxectivo de que funcione como un instrumento para establecer unha estratexia de dixitalización a nivel nacional. Entre os seus principais obxectivos está definir unha metodoloxía de actuación e cooperación entre as distintas administracións titulares de patrimonio bibliográfico, coordinando a creación de coleccións dixitais, os procedementos técnicos e organizativos, e promovendo proxectos conxuntos no capo da dixitalización do patrimonio bibliográfico.‘Rescatando culturas’No transcurso do pleno tamén se entregaron as distincións Selo CCB 2018, que este ano celebraron a súa segunda edición e que recibiron seis proxectos. Un dos traballos galardoados, na categoría de bibliotecas escolares, foi Rescatando Culturas, promovido pola biblioteca do IES de Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa.É un proxecto documental integrado que pretende dar a coñecer aos pobos indíxenas e minoritarios. Así mesmo, o proxecto persegue ensinar a defender a vinculación destes pobos co seu territorio, rexeitando accións que supoñan a destrución das súas terras e recursos ou o desprazamento forzado dos indíxenas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre