Inicio Galicia A Xunta de Galicia colabora co Concello de Mos na organización do...

A Xunta de Galicia colabora co Concello de Mos na organización do Festival Demostra de cultura urbana de Mos

0

Destina 8000 euros a este evento e instalará unha carpa informativa sobre as vantaxes do Carné Xove

A Xunta de Galicia colabora co Concello de Mos na organización do Festival Demostra de cultura urbana. A conselleira de Política Social, Fabiola García, xunto coa alcaldesa do municipio, Nidia Arévalo, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou na presentación deste evento que terá lugar o vindeiro sábado.

Fabiola García salientou o firme compromiso que ten a Xunta de Galicia coa mocidade, por iso colabora con eventos como este que contará con obradoiros de grafitti, beatbox ou skate, exhibicións de baloncesto ou BMX e un concerto de rap. O Goberno galego destina 8000 euros á celebración desta cita que acada a súa segunda edición.

Así mesmo, a conselleira de Política Social anunciou que tamén se instalará, en colaboración con Abanca, unha carpa informativa sobre as vantaxes do Carné Xove. Esta tarxeta, dirixida a persoas de entre 12 e 30 anos de idade, ofrece descontos e ofertas especiais en máis de 3000 establecementos adheridos ao programa en Galicia, e tamén noutras zonas de España e en 40 países de Europa.

Por último, Fabiola García salientou do Festival Demostra a capacidade de fomentar entre as mozas e mozos a vocación artística, deportiva e saudable, por iso felicitou ao Concello de Mos por poñer en marcha iniciativas como esta.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre