Inicio Galicia A Xunta de Galicia apoia a celebración da VI edición do Concurso...

A Xunta de Galicia apoia a celebración da VI edición do Concurso de Debuxo Picasso Coruñés

0

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación deste certame organizado pola Asociación de la Prensa da Coruña

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da VI edición do Concurso de Debuxo Picasso Coruñés, organizado pola Asociación de la Prensa da Coruña (APC), e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo.

A presentación do concurso tivo lugar hoxe no IES Eusebio da Garda no que Pablo Picasso estudou Belas Artes e ensino secundario entre os anos 1891 e 1895. O representante da Xunta destacou a importancia destes anos de formación na cidade herculina que, sen dúbida, redundaron na súa faceta como creador innovador, o que o levou a ser un dos artistas máis importantes a nivel mundial. Durante a súa estadía na Coruña o adolescente Picasso creou xornais para os seus familiares nos que incluía debuxos e textos e agora serán os participantes no concurso os que terán que elaborar os seus propios exemplares xornalísticos.

O certame está aberto á participación do alumnado de 3º a 6º de Primaria e da ESO de centros públicos, concertados e privados de toda Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre