Inicio Galicia A Xunta de Galicia apoia a campaña de animación á lectura das...

A Xunta de Galicia apoia a campaña de animación á lectura das obras finalistas ao XV Premio Casino de Santiago

0


A Xunta de Galicia volve apoiar este ano a campaña de animación á lectura das obras finalistas da XV edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago-Camiño de Santiago que impulsa a Asociación Cultural Casino de Santiago coa colaboración das librarías e do comercio compostelán. Ademais da Biblioteca Pública Ánxel Casal, como novidade tamén participarán as outras cinco bibliotecas da xestionadas pola Xunta de Galicia.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participaron hoxe na rolda de prensa na que se deron a coñecer os cinco finalistas deste ano: Eric Vuillard, autor de 14 de julio; Paolo Giordano, por Conquista el cielo; Tatiana Tibuleac, autora de El verano que mi madre tuvo los ojos verdes; Luis Landero, co seu libro Lluvia fina, e Pedro Feijoo co libro Un lume azul.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre