Inicio Galicia A Xunta de Galicia amplía en 20 prazas a escola infantil de...

A Xunta de Galicia amplía en 20 prazas a escola infantil de Cedeira e eleva a ratio a atención á infancia ao 67%

0

Realizáronse unhas obras que permiten que a oferta neste centro se incremente das 58 ás 78 prazas


A conselleira de Política Social, Fabiola García, subliñou que a Xunta de Galicia aumenta en 20 prazas a escola infantil de Cedeira grazas ás obras de ampliación que se remataron no centro. Isto permite que a ratio de atención á infancia pase do 50% ao 67%, o dobre do recomendado pola Unión Europea.

Fabiola García visitou esta mañá a escola de Cedeira en compañía do alcalde, Pablo Moreda, para comprobar de primeira man os traballos de ampliación. Alí, destacou que a Xunta de Galicia achegou 100.000 euros ás obras que permitiron elevar a oferta das 58 ás 78 prazas. O Concello de Cedeira sufragou os 40.000 euros restantes para completar o investimento.

Con estes fondos púidose construír unha nova aula nun edifico anexo, no que se instalou tamén unha cociña completa e dous baños, un para as pequenas e pequenos e outro para os profesores e nais e pais. Ademais disto, colocáronse novos elementos de protección, como antipilladedos e protectores nos radiadores, e instalouse un sistema de ventilación na zona de descanso das nenas e nenos de 0 a 1 anos.

Neste sentido, a conselleira recordou que para este curso 2019/2020 puxéronse en marcha máis de 160 prazas novas nas escolas infantís de titularidade pública autonómica. O esforzo da Xunta de Galicia por continuar aumentando os servizos de conciliación postos á disposición das nais e pais da comunidade permite que na actualidade o número de prazas sostidas con fondos públicos supere as 25.000, o que supón unha ratio de atención 11 puntos por riba da recomendación da Unión Europea.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre