Inicio Galicia A Xunta de Galicia amosa o seu compromiso co impulso da autonomía...

A Xunta de Galicia amosa o seu compromiso co impulso da autonomía das persoas con discapacidade intelectual

0

Defende a importancia de iniciativas como esta na procura dunha maior participación e desenvolvemento persoal e social


O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, asistiu hoxe ao acto de clausura do 19 encontro de Autoxestores Autonómicos de Fademga Plena Inclusión. Alí amosou o compromiso do Goberno galego coas persoas con discapacidade e as súas familias, así como coas entidades sociais que traballan diariamente ao seu carón.

Ildefonso de la Campa valorou o impulso de iniciativas coma esta, que se centran na mellora do desenvolvemento persoal e social dos participantes, así como en facilitar ferramentas que favorezan á autonomía destas persoas.

Os grupos de Autoxestores de Fademga Plena Inclusión reúnense periodicamente para realizar actividades e promover iniciativas conxuntas. A través deste encontro autonómico búscase unir a toda a rede para complementar os puntos de vista e chegar a conclusións conxuntas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre