Inicio Galicia A Xunta de Galicia achega a hípica e o respecto pola natuereza...

A Xunta de Galicia achega a hípica e o respecto pola natuereza á mocidade a través do campamento de verán de Equal

0

Esta semana 45 mozas e mozos participan nesta actividade que forma parte da Campaña de Verán 2019


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá o campamento que se está celebrando no albergue xuvenil Equal, na localidade ourensá de Coles. Un total de 45 mozas e mozos participan nesta iniciativa que ten como eixes principais a iniciación á hípica e o respecto pola contorna natural e cultural.

Durante esta semana, os participantes reciben formación en hípica, xa que se lles achega coñecementos teóricos e prácticos sobre os coidados e a hixiene dos cabalos, así como prácticas de equitación. Ademais disto, desfrutan de obradoiros de ecoloxía, reciclaxe creativo e herbas aromáticas; actividades teatrais, como monólogos, sketches e actos de improvisación; e tamén participan en xogos populares, veladas e piscina, entre outras.

En total, a Campaña de Verán chega a 9834 mozas e mozos, 62 máis que o ano anterior. A proposta de actividades para esta tempada estival inclúe campamentos, programas de intercambios con outras comunidades autónomas, actividades concertadas, actividades para maiores de 18 anos e campos de voluntariado.

Nestas actividades participan mozas e mozos a partir dos 9 anos e ata os 30. Todos os campamentos están abertos a persoas con discapacidade, e ademais este colectivo ten unha convocatoria específica para persoas de entre 11 e 40 anos. Así mesmo, hai 100 prazas reservadas para menores de idade que están baixo o sistema de protección da Xunta e outras 52 para fillas e fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero.

Esta campaña de verán incorpora como tres novos campamentos dos 21 que ofrece: Aldea Perdida na Granxa Zoo de Grixalba, en Sobrado dos Monxes; outro sobre astronomía no albergue de San Xoán de Río, en Ourense; e un novo campamento tecnolóxico nas instalacións xuvenís de Gandarío titulado Adestrando o meu robot. Accións de voluntariadoEste ano tamén se incrementa o número de campos de voluntariado, os que se coñecían como campos de traballo, ata os 30 e con cinco propostas novas: A terra que habita no mar, no concello do Grove; outro de protección e recuperación das dunas de Corrubedo, en Ribeira; un terceiro de temática ambiental en Manzaneda; un campo en Ourense denominado Riós, una mar de castiñeiros; e por último, o primeiro campo de voluntariado intermunicipal que leva por nome Vía Xacobea: vía da prata e que se celebrará en Boqueixón e Vedra.

Desta maneira, os campos de voluntariado en Galicia que pon en marcha a Xunta de Galicia para este verán conteñen 643 prazas, 40 máis que había á disposición da mocidade no 2018. Cómpre lembrar que aínda hai prazas dispoñibles en varios destes campos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre