Inicio Galicia A Xunta dá un paso máis no seu compromiso coa cultura lucense...

A Xunta dá un paso máis no seu compromiso coa cultura lucense e intensifica a súa colaboración co Círculo das Artes

0

O conselleiro de Cultura e Turismo e o presidente do Círculo das Artes asinaron hoxe un acordo que permitirá deseñar e realizar actuacións culturais en Lugo

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuniuse hoxe en Lugo co presidente do Círculo das Artes, Miguel Ángel Caraduje, co que asinou un protocolo de colaboración que permitirá deseñar e realizar actuacións culturais nesta importante institución da cidade da Muralla.

O acordo, tal e como salientou o titular de Cultura e Turismo, inclúese no compromiso da Xunta de Galicia co fomento da cultura lucense e é unha actuación que pon de manifesto a vontade do Goberno galego “para colaborar no desenvolvemento dunha programación cultural de calidade da que poidan gozar tanto os lucenses como todos os visitantes desta cidade”, destacou.

Así, co obxectivo de incentivar a programación cultural no Círculo das Artes, crearase unha comisión que estará integrada por representantes de ambas institucións e cuxo obxectivo sexa aprobar un plan de actuacións culturais. “No marco deste acordo, desde a Xunta comprometémonos a apoiar e colaborar na difusión pública das actividades que se leven a cabo nesta entidade”, avanzou Román Rodríguez.

Pola súa banda, o Círculo das Artes de Lugo asume o compromiso de establecer unha programación de actividades culturais que repercutan na promoción cultural e creativa de Lugo e de difundir e levar a cabo esta axenda de actividades.

A sinatura deste protocolo de colaboración está enmarcada na aposta da Xunta de Galicia para poñer en valor os recursos culturais e artísticos da cidade lucense. “Lugo é unha cidade cunha importante relevancia cultural, pero estamos convencidos de que ten aínda moita marxe para seguir medrando e converterse nun destino cultural único”, explicou o titular de Cultura e Turismo.

Nesta mesma liña, Román Rodríguez salientou a proposta do Goberno galego de crear no Pazo de Dona Urraca a primeira sede do Centro Galego de Arte Contemporánea. Trátase dunha iniciativa que permitirá achegar a Lugo unha institución con máis de 25 anos de traxectoria e poñer en marcha un novidoso espazo dentro da proposta museográfica da cidade que acollería exposicións temporais de creadores locais, nacionais e internacionais.

Máis de 160 anos de historiaO Círculo das Artes de Lugo é unha das institucións culturais con maior traxectoria e tradición da cidade, xa que conta con máis de 160 anos de historia e está vinculado con preto de 4.000 familias lucenses. Esta entidade, presidida na actualidade por Miguel Ángel Caraduje, vén realizando desde as súas orixes un importante labor na promoción e desenvolvemento da cultura e na actualidade segue a funcionar como un centro da vida cultural e social de Lugo no que se promociona non só a cultura lucense, senón a de toda Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre