Inicio Galicia A Xunta dá instrucións ás compañías de autobús para reforzar a súa...

A Xunta dá instrucións ás compañías de autobús para reforzar a súa frota nos servizos aos aeroportos para minimizar os prexuízos aos viaxeiros pola folga do taxi

0

O Goberno galego dirixiuse ás compañías concesionarias das liñas de autobús interurbano, que unen a cidade da Coruña co aeroporto de Alvedro e o centro de Santiago coa terminal de Lavacolla

A Xunta de Galicia vén de dar instrucións ás compañías de autobús para que procedan a reforzar a frota nos servizos aos aeroportos galegos, para minimizar os prexuízos aos viaxeiros pola folga do sector do taxi.

En concreto, e no ámbito das competencias da Xunta, trasladáronse xa as instrucións correspondentes ás compañías concesionarias das liñas de autobús interurbano, que unen a cidade da Coruña co aeroporto de Alvedro e o centro de Santiago coa terminal de Lavacolla.

No caso do aeroporto de Vigo a conexión co aeroporto se realiza mediante unha liña urbana e polo tanto é competencia do Concello de Vigo.

A Xunta mantén o seu compromiso para seguir traballando, como ata o de agora, na defensa da competencia leal e da seguridade dos usuarios no sector do transporte público en vehículos de turismo. E, tras abordar esta situación co sector do taxi en Galicia, está prevista a participación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda na reunión convocada polo Ministerio de Fomento para o vindeiro mércores.

Leer más:  Galicia ocupó el quinto lugar en el número de muertes en el trabajo en 2023, destacándose especialmente los casos de infartos

- Te recomendamos -