Inicio Galicia A Xunta dá a coñecer en Portugal os métodos empregados en Galicia...

A Xunta dá a coñecer en Portugal os métodos empregados en Galicia na loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro

0

Desde o ano 2015, a Consellería liberou máis de 2,5 millóns de individuos de Torymus sinensis, que parasita os ovos da avespiña

Técnicos da Consellería do Medio Rural desprazáronse hoxe ata Braganza, en Portugal, para participar no XII Fórum Internacional da Castanha. Alí, explicaron as técnicas empregadas e os resultados acadados pola Consellería na loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro nos soutos de Galicia.

O departamento que dirixe José González realizou desde o ano 2015 soltas experimentais do parasito Torymus sinensis, previa autorización do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Desde entón, liberáronse na nosa comunidade máis de 2,5 millóns destes individuos para parasitar os ovos da avespiña, posto que arestora é dos poucos métodos existentes para loitar contra este organismo.

Neste senso, o xefe do Servizo de Saúde e Vitalidade do Monte, José Martel, trasladou aos asistentes que o resultado destas soltas, e o seu seguemento posterior confirma que o parasito se está asentando nos soutos de castiñeiros de Galicia e, polo tanto, demóstrase a efectividade desta medida para loitar contra os danos ocasionados pola avespiña do castiñeiro (Dryocosmus Kuryphilus).

Así, explicóuselle ao público que no outono de cada ano, despois das soltas de Torymus, tómase en campo unha mostra de bugallas co fin de comprobar os resultados desta parasitación. Un proceso que consiste en seleccionar unha serie de puntos onde se realizaron as soltas do parasito e colleitar un total de cinco bugallas que se levan ao laboratorio para comprobar o seu grado de parasitación. Á vista dos datos obtidos nas análises destas bugallas realizadas dende o ano 2016 ao 2018, comprobouse que se detectou parasitación por Torymus sinensis nun total de 55 concellos de Galicia, o que implica que este individuo iniciou con éxito a colonización das bugallas na nosa comunidade. Ademais, cómpre sinalar que nestes datos non figuran as análises do ano 2019, que se realizarán este outono, unha vez recollidas a bugallas secas que apareceron na primavera.

Finalmente, Martel tamén sinalou que a Consellería está loitando contra este problema a través da mellora xenética. Así, no Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán lograron confirmar, mediante ensaios controlados en laboratorio, que existen clons híbridos de castiñeiro que presentan maior resistencia á praga da avespiña, algo fundamental para a elección dos materiais xenéticos de reprodución en viveiro e tamén é aplicable ás novas plantacións.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre