Inicio Galicia A Xunta cubre en 24 horas as 160 prazas dos cursos gratuítos...

A Xunta cubre en 24 horas as 160 prazas dos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas

0

Esta actividade de formación e sensibilización terá continuidade os vindeiros anos, prevéndose un total de 32 cursos con 640 prazas ata 2020


A Xunta cubre en apenas 24 horas as 160 praza convocadas onte, para participar na nova edición dos cursos gratuítos de conducións segura de motocicletas, que se celebrarán o vindeiro mes de setembro nas cidades de Santiago de Compostela, Ferrol, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

Esta nova convocatoria da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da continuidade aos cursos de condución segura de motocicletas postos en marcha no 2017, e teñen como obxectivo e educar e sensibilizar na importancia da seguridade viaria e contribuír a reducir o risco de accidentes do colectivo de motoristas..

En concreto impartiranse 4 cursos, en dúas quendas diarias de 5 horas de duración cada un deles, en horario de mañá e de tarde e cun máximo de 20 alumnos en cada unha delas. O primeiro dos curso se impartirá na cidade de Ferrol o vindeiro día 22 de setembro, e o día 23 en Santiago. A seguinte semana, o día 29 de setembro celebrarase en Vilagarcía de Arouse e o día 30 de setembro na cidade de Vigo.

Leer más:  Interceptan a un conductor que se dio a la fuga en Culleredo (A Coruña) tras colisionar con tres coches

Esta actividade de formación e sensibilización tivo unha grande acollida entre o colectivo de motoristas e terá continuidade ata 2020, prevéndose impartir ao longo deste período un total 32 novos cursos de condución segura de motocicletas, que se repartirán en 4 edicións e nos que participarán un total de 640 persoas.

O departamento de Infraestruturas destina a este programa preto de 100.0000 euros, investimento que se destina á posibilitar a celebración destes cursos nos que colabora coa Unión de Moteros Europeos, Fundación Pons Seguridad Vial e a Escuela Nacional de Conducción de Motocicletas (ENCM).

A seguridade viaria é unha materia estratéxica e prioritaria para o Goberno galego, e nesta liña a Consellería de Infraestruturas está a prestar especial atención aos usuarios máis vulnerables das estradas, os peóns, ciclistas e tamén o colectivo de motoristas.

Estas medidas se completan coa suma doutras accións máis globais, que tamén teñen importantes beneficios para a seguridade do colectivo de motoristas, como a estratexia de eliminación dos treitos existentes de concentración de accidentes nas estradas autonómicas, nos que se vai a actuar co obxectivo de telos eliminado nesta lexislatura.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

Estas accións formativas e de sensibilización forman parte do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, que engloba todo un conxunto de medidas e liñas de traballo coas que se busca reducir ao máximo o número de accidentes de tráfico que se rexistran nas estradas galegas e minimizar as súas consecuencias. 


- Te recomendamos -