Inicio Galicia A Xunta coordina o proxecto europeo de cooperación transfronteiriza forestal Forvalue

A Xunta coordina o proxecto europeo de cooperación transfronteiriza forestal Forvalue

0

Esta iniciativa, na que tamén participa o Instituto de Estudos do Territorio, promove a adaptación ao cambio climático a través dunha cooperación transfronteiriza na prevención de incendios e na mellora dos recursos naturais


A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) da Consellería do Medio Rural coordina o proxecto Forvalue: “Xestión innovadora para a valorización e resiliencia do espazo forestal”. Esta iniciativa foi aprobada na segunda convocatoria do Programa Interreg V – A España – Portugal (POCTEP) 2014 – 2020, celebrada o pasado día 2 de xullo de 2019. Así o destacou hoxe o director da Agacal, Manuel Rodríguez, durante a presentación desta iniciativa.

Así, Manuel Rodríguez sinalou que se trata dun proxecto europeo de cooperación transfronteiriza entre España e Portugal en materia de incendios forestais. Deste xeito, preténdese implementar unha serie de modelos de xestión nos que se combine a mellora do aproveitamento do espazo forestal e da biomasa coa xeración de emprego e o desenvolvemento económico da zona. Así, matizou o director, búscase aumentar a resiliencia do territorio fronte os lumes nun contexto de cambio social e climático.

Para levar a cabo este cambio, subliñou o director, é preciso promocionar modelos de xestión innovadores dos ecosistemas transfronteirizos de Portugal e Galicia, como poden ser as agrupacións de xestión forestal conxunta, e o emprego de ferramentas TIC de coordinación para unha correcta planificación e xestión do espazo forestal.

Esta iniciativa está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e abrangue un período inicial de 48 meses, por un importe de axuda europea de algo máis dun millón de euros.

Proxecto transfronteirizoO consorcio do Proxecto Forvalue está integrado por entidades de recoñecido prestixio do territorio galego e do norte de Portugal. A Agacal é a encargada da xestión administrativa e técnica da iniciativa e nela tamén participan outros departamentos da Xunta, como a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, da propia Consellería do Medio Rural e o Instituto de Estudos do Territorio (IET), da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Tamén colaboran a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Asociación Forestal de Galicia (AFG), a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM Alto Minho), a Associação Florestal de Portugal (Forestis) e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre