Inicio Galicia A Xunta convocará este mes a primeira poxa do leite producido nos...

A Xunta convocará este mes a primeira poxa do leite producido nos dous centros públicos con explotación leiteira

0

Trátase do propio Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e do centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude


A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), convocará neste mes de xaneiro a primeira poxa do leite producido nos dous centros públicos que contan con explotación gandeira, como son o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e o centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude. Así o anunciou hoxe o director da Agacal, Manuel Rodríguez, durante unha visita ao CIAM. Alí avanzou que nos pregos desta poxa pública prevese como criterio de valoración a achega polo adxudicatario dun mínimo do 5% do leite adquirido para entidades sen fins de lucro que apoian a colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión.

Ademais, o director da axencia trasladou que os rendementos obtidos con esta poxa dedicaranse integramente á mellora dos propios centros de produción e investigación nos que se produce o leite. Manuel Rodríguez puxo en valor que tanto o CIAM como o CFEA de Sergude dispoñen de explotacións leiteiras que complementan os labores de I+D+i no ámbito agrario desde un enfoque de investigación aplicada.

Así mesmo, o responsable da Agacal lembrou que esta axencia adscrita a Medio Rural conta na súa estrutura con tres centros de investigación de referencia, como son o referido CIAM, o Centro de Investigacións Forestais (CIF) de Lourizán e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega). A Agacal xestiona tamén o Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Lafiga) e seis centros de formación e experimentación agroforestal (CFEA): o devandito de Sergude (Boqueixón) e os de Guísamo, Becerreá, “Pedro Murias” de Ribadeo, Monforte de Lemos e Lourizán.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre