Inicio Galicia A Xunta convoca os premios Eduemprende Idea 2020 para fomentar o emprendemento...

A Xunta convoca os premios Eduemprende Idea 2020 para fomentar o emprendemento entre o alumnado de ensino secundario

0

O certame impulsa a realización de proxectos empresariais entre o estudantado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas


A Xunta vén de convocar a sexta edición do concurso Eduemprende Idea, co que se busca estimular o emprendemento e a realización de proxectos empresariais entre o alumnado. O certame, enmarcado no Plan Galicia Eduemprende e impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, vai dirixido aos alumnos e alumnas matriculadas no curso 2019-2020 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade sostidas con fondos públicos.

Este concurso convócase cada ano desde 2015, e a actual edición está dotada cun total de 12.000 euros. A convocatoria consta de dúas modalidades, A e B, dirixidas ao alumnado de ciclos de grao superior e de grao medio, respectivamente. En ambas as dúas modalidades o primeiro premio será de 3000 euros, o segundo de 2000 e o terceiro de 1000. Ademais, todos os galardoados poderán incorporarse a un viveiro de empresas da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e recibir asesoramento técnico do Igape para desenvolver os seus proxectos.

Como sinala a convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), os alumnos e alumnas interesadas na iniciativa poden participar en grupos dun mínimo de dous e un máximo de catro persoas, e dispoñen ata o 2 de xullo para presentar as súas solicitudes.

A comisión avaliadora, integrada por dous representantes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dous representantes do Igape e un profesor que forme parte do programa Eduemprende, terá en conta, entre outras características, a viabilidade técnica, financeira e comercial dos proxectos presentados, así como a coherencia e carácter innovador dos proxectos presentados. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre