Inicio Galicia A Xunta convoca o novo programa Innova Peme que o ano pasado...

A Xunta convoca o novo programa Innova Peme que o ano pasado beneficiou a dúas empresas de Pontevedra cun total de 200.000 euros

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que tamén se beneficiaron o pasado ano, no seu ámbito territorial, unha empresa de Silleda, outra de Ponteareas, unha firma de Sanxenxo e outra de Caldas de Reis

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou hoxe que a Axencia Galega de Innovación (Gain), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, mantén aberta a liña de axudas Innova Peme 2020, que o ano pasado beneficiou a dúas empresas da cidade do Lérez con 200.000 euros.

En total, na área territorial da Delegación de Pontevedra destináronse case 516.000 euros a seis empresas, dúas da cidade do Lérez, unha con sede en Silleda, outra en Ponteareas, outra firma de Sanxenxo e finalmente unha última en Caldas de Reis.

Na capital da provincia as empresas que solicitaron esta axuda o ano pasado foron Electricida y Contratas Edison Galicia e Krack Zapaterías.

Tal e como informou o delegado territorial, a convocatoria de axudas do Innova Peme 2020, dotada con 2,7 millóns de euros está destinada especificamente a micro, pequenas e medianas empresas galegas que precisan apoio para sistematizar, potenciar ou desenvolver a súa actividade innovadora. “O obxectivo é que aumenten a súa competitividade e tamaño do mercado a través da introdución de novos produtos e servizos ao abeiro dos plans de innovación; e fomentar o investimento privado en I+D en Galicia, a transferencia de tecnoloxía e a innovación aberta e colaborativa”, explicou Cores Tourís.

InnovaPeme 2020, cofinanciado con Fondos FEDER no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, apoia as actuacións recollidas nun plan de innovación, que se desenvolverá durante un período mínimo dun ano. A intensidade da axuda será do 50% do orzamento subvencionable (que deberá estar entre 80.000 e 200.000 euros) e, ademais, as empresas beneficiarias poderán solicitar acompañamento posterior para a comercialización e industrialización da innovación a través de fondos de capital risco vencellados á innovación xestionados por XesGalicia.

O prazo de presentación de solicitudes é de dous meses e remata o 20 de abril ás 13 horas. Entre as principais novidades, refórzase como criterio de valoración o feito de ser unha microempresa e non ter obtido axudas á I+D+i nos últimos 3 anos. Ademais, só se valorarán os contratos a tempo completo cunhas retribucións nas que corresponda o grupo de cotización coa titulación da persoa contratada.

Así mesmo, nesta edición, inclúense unha serie de cláusulas sociais como a incorporación da innovación responsable e do compromiso social como criterios de valoración da convocatoria e relacionadas coa estratexia de apoio ás pemes como obrigas de formación e de subministración de información.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre