Inicio Galicia A Xunta convoca o II Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia

A Xunta convoca o II Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia

0

Está dotado con 3000 euros e poderán optar a el as entidades locais que sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública


O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases e convocatoria do II Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, un recoñecemento impulsado pola Xunta de Galicia que ten como obxectivo impulsar e visibilizar os proxectos e boas prácticas levados a cabo polas bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais.

Os proxectos que se presenten á convocatoria deberán ser sustentables no tempo, innovadores e deberán estar xa executados. Ademais terán que estar relacionados coas seguintes áreas: aprendizaxe ao longo da vida, biblioteca dixital e redes sociais, cohesión e inclusión social, sustentabilidade ambiental e igualdade e loita contra a violencia de xénero.

O premio está dotado con 3000 euros e un distintivo de biblioteca innovadora que se poderá colocar nun lugar visible das instalacións así como nos seus recursos dixitais.

Poderán optar a este recoñecemento as entidades locais que sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, así como as agrupacións de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios común.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre