Inicio Galicia A Xunta convoca o curso de formación específica para poder exercer o...

A Xunta convoca o curso de formación específica para poder exercer o posto de dirección dun centro educativo

0
image_gallery.jpg

Para desempeñar esta función, desde hai dous anos é requisito obrigado contar cunha acreditación específica que se obtén a través deste módulo formativo


A Xunta de Galicia vén de convocar o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva nos centros escolares galegos. Tal e como publica o DOG, trátase dun curso en liña de 150 horas de formación en rede que se pode desenvolver entre os meses de novembro e marzo.

A través desta actividade formativa −enmarcada dentro do Plan Anual de Formación do Profesorado 2020-21− búscase proporcionar aos asistentes competencias xenéricas e específicas para levar a cabo a función directiva coa maior garantía de éxito posible, coas conseguintes repercusións na mellora da calidade educativa dos centros. Isto é, que adquiran as competencias necesarias para o desempeño das funcións propias do posto de director dos centros docentes públicos e sostidos con fondos públicos nos que se imparten ensinanzas reguladas pola Lei Orgánica 2/2006.

Cómpre lembrar que desde o curso 2018-19, para exercer a función de dirección dun centro escolar é requisito obrigado contar cunha acreditación específica, que se obtén a través deste curso agora convocado.

Oferta de 200 prazasEste ano ofértanse un total de 200 prazas para todo o persoal funcionario dos centros docentes públicos que impartan as ensinanzas reguladas pola Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (aínda que o persoal funcionario de carreira terá prioridade na selección). O curso está estruturado en sete módulos nos que se abordarán distintos bloques temáticos, que será preciso superar para obter a certificación.

Esta acreditación é para aqueles casos que están exercendo de directores e cambian de centro ou para os que acceden o ano que vén á función directiva (non afecta por tanto, aos que son directores mentres continúen no seu posto no mesmo centro ata que esgoten mandato, ou que o renoven).

Doutra banda, quen estea en posesión dun máster ou título de posgrao de carácter oficial sobre a dirección e xestión de centros docentes, quedará exento da realización e avaliación de todos os módulos troncais, agás o referido ao Proxecto de dirección, tendo que cursar tamén o módulo específico da comunidade e o referido a prevención e seguridade fronte á covid-19; e non computará a efectos das prazas ofertadas.Éxito de participaciónDesde que se puxo en marcha este curso formativo de desenvolvemento da función directiva levan participado nel un total de 557 persoas seleccionadas entre as máis de 1.300 solicitudes recibidas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre