Inicio Galicia A Xunta convoca o concurso para a adquisición de inmobles para rehabilitar...

A Xunta convoca o concurso para a adquisición de inmobles para rehabilitar nos cascos vellos de Betanzos, Ferrol, Ribadavia, Ourense e Tui por 1,5 millóns de euros

0

Esta actuación de recuperación do patrimonio construído enmárcase dentro do programa Rexurbe, que ten por finalidade a recuperación dos cascos históricos das vilas galegas


A Xunta de Galicia adquirirá inmobles en estado de abandono ou semiabandono nos cascos vellos de Betanzos, Ferrol, Ourense, Ribadavia e Tui para proceder á súa rehabilitación, destinando inicialmente 1,5 millóns de euros en 2019 á adquisición de ditos inmobles.

Esta actuación enmarcase no programa Rexurbe, co que a Xunta de Galicia traballa na recuperación de cascos históricos de diferentes vilas e cidades galegas e dá continuidade á oferta realizada en 2018 na que se adquiriron 26 inmobles nos conxuntos históricos de Ferrol, Betanzos, Lugo e Ourense. Este ano a convocatoria esténdese aos conxuntos históricos de Ribadavia e Tui.

Con tal fin, o Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca un concurso público no que os propietarios interesados poderán ofrecer os inmobles da súa propiedade para que sexan adquiridos polo IGVS. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados nos núcleos históricos dos concellos de Ferrol, Betanzos, Ribadavia, Ourense e Tui para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación. Para acceder a máis información sobre esta nova convocatoria pódese consultar este enlace do Diario Oficial de Galicia.

Os inmobles que adquira o IGVS deberán estar situados nos ámbitos delimitados polo IGVS dentro dos cascos vellos de Ferrol, Betanzos, Ourense, Ribadavia e Tui, nos ámbitos que se indican na Resolución que publica o DOG.

Ademais, as vivendas que adquira o IGVS deben reunir uns requisitos mínimos que permitan:Que as novas vivendas reúnan condicións óptimas de confort e habitabilidadeQue se poida construír polo menos unha vivenda por andar cun mínimo de dúas estancias que cumpran as condicións dimensionais establecidas nas normas de habitabilidade de vivendasTer unha fachada de un mínimo de catro metros e acceso a través de espazos de dominio e uso públicoNon estar afectadas por servidumes ou cargas que podan facer inviable a actuación.

Estarán inscritas no Rexistro da Propiedade.

Ademais, o custo de adquisición non poderá superar o valor de mercado do inmoble nin un valor máximo que se calculará coas fórmulas e parámetros incluídos na resolución para cada rúa ou zona.

O IGVS seleccionará os inmobles a adquirir conforme aos criterios fixados na resolución, entre os que destacan:Edificios que teñan un valor arquitectónico ou ambientais especiais que aconselle a súa recuperación.

Edificios cuxa recuperación poida contribuír de xeito especial á rexeneración ambiental da zona onde estea emprazado.

Ofertas que contemplen a recuperación dun rueiro completo de máis de tres inmobles.

Edificios que faciliten notablemente ou faga viable a construción, rehabilitación ou renovación doutros inmobles propiedade do IGVS.

Os propietarios interesados en vender os seus inmobles dispoñen ata o 31 de xullo de 2019 para presentar as súas ofertas ao Instituto Galego da Vivenda e Solo.

No documento adxunto a este comunicado indícanse os ámbitos nos que o IGVS adquirirá inmobles en cada conxunto histórico. Asemade no DOG atópase a relación de rúas incluídas en ditos ámbitos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre