Inicio Galicia A Xunta convoca o 17 de xullo aos titulares das fincas necesarias...

A Xunta convoca o 17 de xullo aos titulares das fincas necesarias para a mellora da seguridade viaria na PO-549, entre Vilanova de Arousa e Cambados

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina un investimento de 460.000 euros á supresión deste tramo de concentración de accidentes no entorno da vía, entre o final da parroquia de Deiro e a intersección da vía de alta capacidade VG-4.3

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de publicar hoxe no Boletín oficial da provincia de Pontevedra a convocatoria para o día 17 de xullo aos titulares dos terreos necesarios para executar as obras de mellora de seguridade viaria no entorno de tramos de concentración de accidentes na estrada autonómica PO-549, entre o final da parroquia de Deiro, no Concello de Vilanova de Arousa, e a intersección coa vía de alta capacidade VG-4.3, en Cambados.

Segundo recolle o boletín provincial, o acto de formalización das actas de ocupación terá lugar ese mesmo día en ambos concellos. En concreto, no Concello de Vilanova os titulares dos terreos están citados na Casa de Cultura de San Miguel de Deiro, ás 10:00 horas. E no Concello de Cambados, no Centro sociocultural de Corvillón, ás 11:00 horas.

O departamento de Infraestruturas da Xunta destina a esta actuación uns 460.000 euros e os traballos foron adxudicados á empresa Narom S.

L, que dispón dun prazo de execución de oito meses, desde o inicio das mesmas. Esta actuación poderá comezar no mes de xullo, sempre en función de que se garanta a compatibilidade das mesmas co tráfico en época estival. De non ser compatible, os traballo se empezarían no mes de setembro.

Esta intervención da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade enmarcase no Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020 da Xunta, e ten por obxectivo levar a cabo unha serie de actuacións que permitan evitar ou mitigar a accidentalidade neste treito final de 1,8 quilómetros da estrada autonómica PO-549.

Durante o proceso de información pública deste proxecto o Concello de Vilanova solicitou que se ampliase o ámbito da intervención nunha lonxitude de 700 metros e se executasen sendas no tramo. A Xunta atendeu esta solicitude, polo que o tramo no que se desenvolverán as obras é o comprendido entre os puntos quilométricos 7+570 e 9+800.

As principais actuacións realizaranse nas interseccións mais relevantes do tramo. Para isto, levarase a cabo a execución de cuñas de cambio de velocidade para facilitar as manobras de saída ou incorporación á estrada autonómica. Tamén se construirán dúas semiglorietas para os cambios de sentido nas principais interseccións, en puntos con suficiente visibilidade para realizar os xiros á esquerda.

O actuación tamén contempla a execución dunha nova glorieta na intersección do punto quilométrico 9+020 coas estradas provinciais EP-9004 e EP-9005 e a mellora da contorna da rotonda existente no 9+400, executando un illote físico para facilitar a súa percepción e reorganizando os accesos próximos.

Tamén se mellorará a seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de autobús, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade mediante a restrición do aparcadoiro nas súas aproximacións e outras medidas.

Cómpre lembrar que esta actuación está enmarcado na estratexia deseñada polo departamento de Infraestruturas da Xunta para ter eliminados en 2020 todos os tramos de concentración de accidentes nas estradas de titularidade autonómica, para conseguir o obxectivo de reducir nun 50% as vítimas mortais. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre