Inicio Galicia A Xunta convoca novas axudas para investimentos en transformación e comercialización de...

A Xunta convoca novas axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios por un valor de 26 millóns de euros

0

Estas achegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, buscan fomentar a creación, ampliación e modernización das industrias agroalimentarias galegas


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios correspondentes ao exercicio de 2020. As achegas para esta convocatoria contan cunha dotación orzamentaria total de 26 millóns de euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Dos 26 millóns de euros de presuposto total, para a anualidade do 2020 están consignados algo máis de 12,6 millóns, para o 2021 a cantidade reservada é de 11,1 millóns e para o 2022 a contía ascende a 2,2 millóns de euros. Estas axudas teñen carácter plurianual ao estar destinadas á realización de grandes obras. Así, a orde ten por finalidade incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios.

Poderán optar a estas achegas os empresarios individuais ou sociedades que realicen actuacións como a construción, adquisición e mellora de bens inmobles, así como a compra de terreos ata un valor inferior ao 10% do total dos gastos subvencionables. Tamén se sufragará a compra de maquinaria e equipamentos novos, a adquisición de programas informáticos e de patentes ou licenzas relacionadas cos procesos produtivos. O fin último é crear novas industrias agroalimentarias ou mellorar as xa existentes.

PrazosO prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes contado a partir de mañá, día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Porén, os solicitantes terán un prazo de tres meses para presentar a preceptiva licenza de obras no caso de que o investimento inclúa a construción de novas superficies cubertas ou a ampliación das existentes, así como para a presentación do informe favorable de avaliación ambiental.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre