Inicio Galicia A Xunta convoca hoxe o proceso selectivo para cubrir 31 prazas de...

A Xunta convoca hoxe o proceso selectivo para cubrir 31 prazas de biólogos na Administración galega

0

Trátase da maior convocatoria selectiva de biólogos realizada pola Administración autonómica


A Xunta de Galicia convoca hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o proceso selectivo para a cobertura definitiva de 31 prazas de biólogos na Administración galega, a maior convocatoria realizada na historia da Administración autonómica.

O DOG de hoxe recolle a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura de 31 prazas de funcionarios no corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía (A1), delas, 27 son de acceso libre e, polo tanto, poderase presentar calquera persoa que cumpra os requisitos. Ademais, a convocatoria establece que 4 das prazas está reservadas para a quenda de promoción interna, pero que no caso de non seren cubertas, acumularanse ás de acceso libre.

O sistema selectivo será o de concurso-oposición tal e como se recolle nos Acordos de estabilización asinados entre a Administración galega e as organizacións sindicais. No que se refire aos requisitos, as persoas participantes deberán ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. Así mesmo, teñen que estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial de licenciada/o ou graduada/o nunha titulación da rama de ciencias.20 días hábiles para anotarseAs persoas interesadas en participar no proceso selectivo terán que facelo constar no modelo de solicitude que se facilita gratuitamente na Internet, e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala. O prazo para formalizar as solicitudes será de 20 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte da convocatoria no DOG.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre