Inicio Galicia A Xunta convoca estadías de tempo libre para mulleres con responsabilidades familiares...

A Xunta convoca estadías de tempo libre para mulleres con responsabilidades familiares non compartidas

0

O obxectivo é facilitarlles un tempo desligado da súa situación habitual e no que intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer


O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se regula e se convoca para o ano 2020 o programa de estadías de tempo libre dirixido a mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas, preferentemente vítimas de violencia de xénero.

A súa finalidade é facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias nun espazo de lecer. As mulleres irán acompañadas dos seus fillos e fillas.

As estadías, para as que se convocan un máximo de 90 prazas, terán unha duración de entre 7 e 9 días, réxime de pensión completa, e terán lugar preferentemente entre finais de xuño e principios de setembro.

Os gastos de aloxamento, en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia, equipo de monitoras/es e actividades complementarias serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.

Os requisitos principais para poder acceder a estas axudas é ter fillas ou fillos ou menores en acollida entre os 2 e os 12 anos; non convivir coa parella afectiva; e non superar o límite do importe de 1,5 veces o IPREM vixente nos seis meses anteriores á presentación da solicitude.

O prazo para a presentación de solicitudes será de un mes contado a partir de mañá. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal ou en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre