Inicio Galicia A Xunta convoca axudas para proxectos de enerxías renovables de particulares por...

A Xunta convoca axudas para proxectos de enerxías renovables de particulares por valor de 4,5 millóns de euros

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Xermade nos actos con motivo do Día da Eficiencia Enerxética, organizados no parque eólico de Sotavento, e nos que participaron alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Urbano Lugrís (Malpica de Bergantiños) e do Máster de Aproveitamento e Eficiencia Enerxética da Universidade da Coruña

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe nos actos organizados no parque eólico de Sotavento con motivo do Día da Eficiencia Enerxética, que se conmemora mañá. Na visita acompañou a alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Urbano Lugrís (Malpica de Bergantiños) e do Máster de Aproveitamento e Eficiencia Enerxética da Universidade da Coruña.

Conde destacou a importancia de concienciar e sensibilizar á cidadanía na eficiencia enerxética como unha aposta polo desenvolvemento da vida diaria das familias e do tecido empresarial. “Administración, cidadáns e empresas temos que traballar conxuntamente para impulsar iniciativas que nos encamiñen a unha Galicia máis verde que asegure máis aforro enerxético e un maior benestar social”, sinalou o conselleiro.

Esta semana estanse abrindo liñas de axudas, valoradas en 4,5 millóns de euros, para que as familias poidan impulsar proxectos vinculados ás renovables. Estes novos apoios contemplan proxectos pertencentes aos eidos da biomasa, a enerxía solar fotovoltaica, a xeotermia, a solar térmica e a aerotermia. De momento, xa se esgotou o crédito para as solicitudes de biomasa e fotovoltaica.

Estas medidas coinciden coa publicación hoxe no DOG dos mecanismos que permiten a posta en marcha do rexistro do autoconsumo, que regula tanto o procedemento de comunicación de instalacións de autoconsumo conectadas en baixa tensión e potencia instalada menor de 100kW, como o procedemento de contestación das empresas distribuidoras. Estes procedementos contarán cunha xornada explicativa dirixida a distribuidoras e profesionais do sector, que se celebrará mañá no edificio administrativo de San Caetano.

O titular de Economía, Emprego e Industria subliñou o compromiso da Administración coas enerxías renovables, apelando ao tecido industrial para que adopten modelos que garantan tanto a súa competitividade como a súa sustentabilidade.

Deste xeito, Conde apuntou aos beneficios que supón apostar pola eficiencia enerxética, incluíndo melloras no rendemento industrial, aumento da renda nas familias e a preservación do medio ambiente, sinalando tamén que Galicia é un referente a nivel europeo, cun consumo final de enerxía renovable do 37,2%, por riba dos obxectivos marcados pola UE na denominada Axenda 2030.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre