Inicio Galicia A Xunta convoca as mesas de traballo para fixar os retos e...

A Xunta convoca as mesas de traballo para fixar os retos e as oportunidades do turismo rural para Galicia

0

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou na mesa de traballo do xeodestino Terras de Santiago

Cumprindo coa Estratexia do turismo de Galicia 2020 e tras a adxudicación da elaboración do Plan Estratéxico do Turismo Rural de Galicia, a Xunta continúa esta semana na provincia de A Coruña o traballo de campo para avanzar no deseño deste novo documento. A intención é fixar as liñas, retos e oportunidades futuros dun segmento turístico en alza que acumula catro anos consecutivos de crecemento de demanda permitíndolle marcar en 2017 un máximo histórico con preto de 450.000 noites e 200.000 viaxeiros.

Esta semana comezaron as quendas na provincia de A Coruña. O xeodestino Rías Altas acolleu as súa respectiva xornada de traballo onte. O xeodestino Costa da Morte celebrará a súa xornada o vindeiro xoves.

Hoxe foron os profesionais e entidades locais do xeodestino Terras de Santiago os que mantiveron unha sesión de traballo en Arzúa, á que asistiu o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, que puso en valor a importancia do turismo rural como un valor en alza na nosa comunidade como creador de riqueza. Asimesmo, apuntou que a aposta polo turismo rural ten como obxectivo abrir novas posibilidades nas zonas menos desenvolvidas de Galicia.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

Durante a xornada puidéronse obter datos cualitativos e cuantitativos sobre este xeodestinoque inclúe a cidade de Santiago de Compostela e que é un dos destinos turísticos de Galicia de maior volume e peso desde o punto de vista da demanda, co 20% o ano pasado. Da man dos axentes implicados coñecéronse cuestións como os servizos que ofrece, a mobilidade, a necesidade de dotación de infraestruturas, a situación de acceso a internet, a oferta enogastronómica e de actividades complementarias neste xeodestino, así como o peso dos establecementos rurais, entre outros temas.

Enquisas e entrevistasÁs mesas celebradas en Ourense, Lugo e na Coruña sumaranse as que terán lugar esta semana na provincia de Pontevedra nos xeodestinos Deza-Tabeirós e Rías Baixas. En total, programáronse 15 sesións de traballo por boa parte da xeografía galega durante este mes de abril para levar a cabo unha labor participativa de escoita activa ao sector.

Xunto a estas sesións de traballo, estas primeiras fases de elaboración do Plan Estratéxico de Turismo Rural de Galicia realizaranse enquisas aos establecementos de turismo rural, así como entrevistas individuais e presenciais. Tamén se recompilará a opinión de expertos e especialistas do sector académico, persoal das denominacións de orixe de alimentos e consellos reguladores do viño, así como representantes de asociacións de turismo rural, turismo activo, gastronómicas, de enoturismo, Rutas do Viño e rutas BTT.

Leer más:  Igualdad investigará el uso de fondos contra la violencia machista en una cena "para mujeres" en Cerdedo-Cotobade

- Te recomendamos -