Inicio Galicia A Xunta convoca as axudas para que as Anpas de educación especial...

A Xunta convoca as axudas para que as Anpas de educación especial financien as súas actividades

0

O DOG publica hoxe a Orde na que se habilitan 73.927 euros para financiar actividades, gastos de material e mantemento de instalacións


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das axudas para financiar actividades das confederacións, federacións e asociacións de nais e pais de alumnado de centros de educación especial para este ano 2020. En total o departamento educativo da Xunta destinará a estas axudas un orzamento de 73.927,15€, contía que pode ampliarse, tal e como se recolle na propia convocatoria, coas transferencias que se reciban do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

As axudas van destinadas tanto para a realización de actividades como para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período subvencionadoAs entidades interesadas dispoñen de prazo ata o vindeiro 25 de xuño para facer a correspondente solicitude, que deberá presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre