Inicio Galicia A Xunta convoca as axudas para o desenvolvemento de programas de inserción...

A Xunta convoca as axudas para o desenvolvemento de programas de inserción laboral destinado a mulleres vítimas de violencia de xénero

0

As axudas teñen como finalidade apoiar a integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral


O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero cofinanciados polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, por importe que supera os 660.742 euros.

As axudas teñen como obxectivo primeiro o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero en Galicia ,coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral para a súa recuperación integral, tendo en conta que a falta de recursos propios, fundamentalmente dun posto de traballo, dificulta en moitas ocasións a ruptura da situación de violencia.

O acceso ao emprego das mulleres vítimas de violencia de xénero representa un paso fundamental para lograr unha maior autonomía e aumento da autoestima, ao acadar a independencia económica contribuíndo a lograr a súa plena integración na vida económica e social.

Leer más:  Queremos Galego convoca una manifestación para el 17 de mayo en protesta por los "retrocesos" en el 20 aniversario del Plan de Normalización

Entidades beneficiariasPoderán ser destinatarias das subvencións para o desenvolvemento das actuacións desta convocatoria as entidades sen ánimo de lucro, teñan o domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma, e cumpran os requisitos e condicións establecidos na normativa xeral de subvencións.

As persoas destinatarias finais dos programas regulados nesta resolución serán as mulleres vítimas de violencia de xénero inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego.


- Te recomendamos -