Inicio Galicia A Xunta convoca as axudas para fomentar a elaboración e comercialización de...

A Xunta convoca as axudas para fomentar a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas dotadas con preto de 3,6 M? para 2020 e 2021

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan estas achegas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para fomentar a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, dotada con 3.570.000 euros para 2020 e 2021.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas vitivinícolas, as organizacións de produtores vitivinícolas, as asociacións de dous ou máis produtores e as organizacións interprofesionais. O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria comeza mañá e rematará o 31 de xaneiro de 2020.

Serán subvencionables os custos de construción, adquisición ou mellora de bens inmobles, así como de compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto. Os principais obxectivos desta convocatoria son, entre outros, os de fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario e impulsar os procesos sustentables desde o punto de vista ambiental a través do aforro de enerxía, a eficiencia enerxética global, a utilización de enerxías renovables e a valorización e tratamento dos residuos.

Preténdese, así mesmo, fomentar a certificación ambiental das instalacións das empresas vitivinícolas, a produción ecolóxica e os produtos acollidos a réximes de calidade e os pagamentos de uva por calidade. Outras finalidades pasan por favorecer a innovación e a implantación de novos produtos e novas presentacións, polo incremento da dimensión empresarial, pola participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor ou por impulsar os investimentos en comercialización e por impulsar a introdución das tecnoloxías dixitais nas empresas.

Enlace á orde de axudas no DOG:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191216/AnuncioG0426-041219-0002_gl.html

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre