Inicio Galicia A Xunta convoca aos titulares dos terreos necesarios para executar unha senda...

A Xunta convoca aos titulares dos terreos necesarios para executar unha senda peonil e ciclista en Vilanova de Arousa, para o levantamento de actas previas

0

Os propietarios das fincas están citados os vindeiros días 5 e 6 de febreiro na Casa de Cultura de San Miguel de Deiro, entre as 09:00 e as 13:00 horas

A Xunta convoca os vindeiro días 5 e 6 de febreiro aos titulares dos terreos necesarios para a construción dunha senda peonil e ciclista no concello de Vilanova de Arousa, para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos precisos para a súa execución.

Segundo sinala o Diario Oficial de Galicia, os propietarios dos terreos están citados na Casa de Cultura de San Miguel de Deiro, entre as 09:00 e as 13:00 horas en días consecutivos e segundo a orde alfabética do seu primeiro apelido. O día 5 de febreiro do 2019 están convocados os titulares dos terreos cuxo apelido vai desde a letra A á M, e o día 6 febreiro os que van da letra M ata o Z. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: https://bit.ly/2GrWwot.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destinará un investimento de 2 millóns a execución desta nova senda mixta na comarca do Salnés. Trátase dunha actuación na estrada autonómica PO-549, no tramo comprendido entre o punto quilométrico 6+200 -situado en Tarrío, no punto no que finalizan as actuais beirarrúas- e o punto quilométrico 7+210, que conecta cun tramo de beirarrúa executado en 2012 pola Xunta. E xa no punto quilométrico 6+500 hai unha glorieta na intersección coa PO-307, na que conflúen as sendas proxectadas nas dúas estradas.

Leer más:  La resolución del Tribunal Constitucional respecto a la normativa gallega sobre el litoral está siendo postergada debido a su "complejidad jurídica y técnica"

Neste treito construíranse sendas en formigón coloreado polas dúas marxes da estrada, que suman aproximadamente 2 quilómetros de lonxitude, cun ancho mínimo de dous metros.

Na PO-307 proxéctase a senda pola marxe esquerda da estrada. no tramo comprendido entre o punto quilométrico 0 – a glorieta de intersección coa PO-549 e coa PO-530- e o punto quilométrico 1+640, ponte da Illa de Arousa. Neste punto, o novo itinerario peonil e ciclista conecta coa senda existente na citada ponte, tamén executada polo departamento de Infraestruturas da Xunta na PO-306, compartida entre Vilanova de Arousa e a Illa de Arousa. Neste caso, a sección tipo deste tramo de senda contará con 3 metros de ancho e se separará da calzada mediante unha cuneta de seguridade e unha banda verde.

A intervención prevé ademais a mellora das paradas de autobús, a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe e a colocación das canalización que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.

Plan de sendas de Galicia na comarca do SalnésEsta actuación do Goberno galego está incluída no Plan de Sendas de Galicia, no “Estudo de Fomento da mobilidade sostible: Sendas peonís e/ou ciclistas na comarca do Salnés", cofinanciadas con Fondos FEDER 2014/2020.

Leer más:  La Agencia Tributaria de Galicia cancela más de 850 deudas en período ejecutivo por ser inferiores a 3 euros

Como resultado deste estudo o departamento de Infraestruturas da Xunta identificou como prioritarios oito treitos de actuación na comarca, que se desenvolven mediante 7 proxectos de sendas peonís e ciclistas na comarca do Salnés, nas que prevé a execución de 21 quilómetros de itinerarios, e un investimento aproximado de 12,2 millóns de euros.


- Te recomendamos -