Inicio Galicia A Xunta convoca aos titulares dos terreos necesarios para executar a 2ª...

A Xunta convoca aos titulares dos terreos necesarios para executar a 2ª fase das obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-531

0

Os propietarios das fincas están citados no Pazo da Cultura os vindeiros días 21 e 22 de marzo, entre as 09:30 ás 13:30 horas

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2019.- A Xunta convoca os vindeiro días 21 e 22 de marzo aos titulares dos terreos necesarios para executar a 2ª fase de acondicionamento e mellora da seguridade viaria da estrada autonómica PO-531 na Devesa, no concello de Pontevedra. para o levantamento de actas previas a súa ocupación.

Segundo sinala o Diario Oficial de Galicia, os propietarios dos terreos están citados no Pazo da Cultura de Pontevedra, entre as 09:30 e as 13:30 horas en días consecutivos e segundo a orde alfabética do seu primeiro apelido. O día 21 de marzo están convocados os titulares dos terreos cuxo apelido vai desde a letra A á N, e o día 22 os que van da letra O ata o Z.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: https://bit.ly/2H6TWTp O departamento de Infraestruturas da Xunta vén de adxudicar as obras á empresa construtora Marconsa S.

L por máis de 420.000 euros. As obras da 2ª fase de acondicionamento e mellora da seguridade viaria desta estrada autonómica que comunica Pontevedra con Vilagarcía, entre os puntos quilométricos 6+500 e 7+250, prevén iniciarse antes do verán.

Cómpre lembrar que a actuación segue a avanzar na mellora da seguridade da PO-531 e atende á solicitude realizada por veciños e usuarios da súa contorna, continuación as obras realizadas no ano 2017, de reordenación e mellora coa execución dunha glorieta no acceso ao polígono de Sequeiros, no concello de Barro.

O obxectivo principal deste nova actuación é acadar a redución da velocidade de circulación e define a execución dunha glorieta de 44 metros de diámetro no punto quilométrico 7+150 da PO-531, situado á saída do núcleo da Devesa, coa que se reducirá de xeito significativo a elevada velocidade actual da circulación na contorna e se facilitarán os xiros en condicións seguras.

Na glorieta entroncarase un ramal de novo trazado, que se conectará coa vía principal deste núcleo e que permitirá eliminar o carril central para realizar o xiro á esquerda da intersección do punto quilométrico 6+620.

Esta actuación compleméntase coa rehabilitación do firme no tramo, a execución das obras necesarias para a drenaxe transversal e lonxitudinal e a reposición da sinalización e das barreiras necesarias. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre