Inicio Galicia A Xunta convoca aos titulares dos terreos necesarios para a 1ª fase...

A Xunta convoca aos titulares dos terreos necesarios para a 1ª fase do desdobramento da VAP Nadela-Sarria para formalizar as actas de ocupación os días 7, 8 e 9 de xullo

0

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publica hoxe esta convocatoria, incluíndo a información sobre o protocolo de seguridade establecido pola Xunta para a prevención da covid-19 nos actos expropiatorios

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publica hoxe a convocatoria aos propietarios dos terreos afectados pola primeira fase do desdobramento da Vía de Altas Prestacións Nadela-Sarria para a formalización das actas de ocupación.

En concreto, a Xunta convoca os días 7, 8 e 9 de xullo aos propietarios deses terreos. No caso do municipio do Páramo, os titulares deberán asistir ao salón de plenos do Concello o 7 de xullo, entre as 8.45 e as 14 horas; e en Sarria, acudirán ao salón de plenos do Concello os días 8 e 9 de xullo, no mesmo horario.

A convocatoria publicada no Boletín Oficial da Provincia de Lugo inclúe, ademais, a información relativa ao protocolo de seguridade establecido pola Xunta para a prevención de contaxios da covid-19 durante os actos expropiatorios.

A primeira fase do desdobramento da Vía de Altas Prestacións Nadela-Saria comezará a executarse a finais de verán, ao longo de 11,5 quilómetros entre A Pobra de San Xiao e Sarria Centro.

Os obxectivos da citada intervención son o reforzo da seguridade viaria, a mellora da funcionalidade e o nivel de servizo da vía de altas prestacións.

As obras incluirán a construción dunha nova calzada paralela á existente, pola marxe esquerda sentido A Pobra de San Xiao, pasando dunha calzada con dous carrís actuais a dúas con dous carrís por sentido. A actuación tamén contempla a adaptación dos enlaces e dos pasos inferiores existentes, ademais da reposición dos camiños de servizo afectados.

O deseño da autovía responde aos criterios técnicos máis exixentes, o que vai a permitir facer o percorrido de xeito máis rápido, máis seguro e con maior comodidade, cunha velocidade máxima de 120 km.

O treito de autovía terá valla reforzada para reducir a accidentalidade causada polo xabaril. Ademais, está previsto substituir a valla existente no lado no que non se realiza o desdobramento. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre