Inicio Galicia A Xunta convoca a parte dos titulares dos terreos necesarios para executar...

A Xunta convoca a parte dos titulares dos terreos necesarios para executar a 1ª fase da prolongación da autovía de Santiago no treito A Ramallosa-A Estrada para o pago de depósitos previos

0

Nesta quenda convócanse aos titulares das 396 fincas necesarias para a construción do tronco do primeiro subtramo da prolongación cara á Estrada da autovía AG-59, destinado ao seu pagamentos preto de 520.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria de parte dos titulares dos terreos necesarios para a execución da primeira fase de prolongación da autovía de Santiago, para o pagamento dos depósitos previos. Trátase da continuación da autovía AG-59, desde o seu punto de finalización actual, na Ramallosa, ata a intersección coa estrada AC-241, en Pontevea.

Nesta quenda a Xunta convoca aos titulares das 396 fincas necesarias para a execución do tronco do primeiro subtramo, destinándose ao seu pagamentos preto de 520.000 euros.

Os propietarios están citados en distintas datas, segundo a orde alfabética do apelido, os vindeiros días 29 e 30 de abril, e o 2 e 3 de maio, na casa común dos Tilos (rúa Buxo, 4), no Concello de Teo, entre as 10,00 e as 12,30 h.

Este proxecto prevé a construción do primeiro subtramo da prolongación cara á Estrada da autovía AG-59, que actualmente se inicia en Santiago de Compostela e finaliza na Ramallosa.

Na planificación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está prevista a prolongación ata A Estrada deste eixe de altas prestacións, o que permitirá separar o tráfico de máis longo percorrido do máis local; e para a súa materialización, tras a aprobación do trazado completo, dividiuse o tramo en tres subtreitos para a execución por fases.

A Xunta, coa construción desta nova infraestrutura, pretende aumentar notablemente a capacidade do itinerario entre A Ramallosa e A Estrada, mellorar a seguridade viaria e facilitar a comunicación entre Santiago e a comarca de Tabeirós-Terra de Montes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre