Inicio Galicia A Xunta convoca 470 prazas de formación en liña para o persoal...

A Xunta convoca 470 prazas de formación en liña para o persoal das forzas e corpos de seguridade

0
image_gallery.jpg

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) elaborou os contidos de forma específica para os profesionais galegos


O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 470 prazas de formación en liña destinada ao persoal das forzas e corpos de seguridade radicados en Galicia. En total, son 17 cursos que suman 540 horas de formación.

O prazo de inscrición está aberto ata o próximo día 14 de outubro. Aínda que a formación é principalmente en liña, todos os cursos terán un exame final presencial (sempre que a situación sanitaria o permita) e algúns deles desenvolveranse na modalidade semipresencial, para poder realizar a parte prácticaA formación inclúe temáticas novidosas, que non se impartiran nunca na AGASP, como os cursos sobre as novas adiccións nos adolescentes: videoxogos e apostas en liña; a actualización en substancias psicoactivas, abordando os aspectos clínicos, legais e sociais; ou sobre a inmobilización de vehículos españois e estranxeiros.

Ademais, tamén haberá formación en asuntos tan relevantes como a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero, a prevención fronte o acoso escolar, o rescate policial en medio acuático, a normativa de armas ou a medición de ruídos.

Todos os contidos dos cursos foron elaborados pola propia AGASP: isto é, son contidos realizados especificamente para os profesionais galegos. Esta iniciativa encádrase dentro do esforzo da Academia por redeseñar todos os seus plans de formación e adaptalos á nova realidade, apostando pola vía telemática.

Esta formación en liña vén a complementar a formación presencial que se convocará proximamente e que se mantén para aqueles cursos de carácter habilitante, isto é, aquelas titulacións necesarias para desenvolver certas funcións. A formación presencial cumprirá, como é habitual, con todas as garantías sanitarias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre