Inicio Galicia A Xunta convida ás familias a gozar no Gaiás dunha cidade de...

A Xunta convida ás familias a gozar no Gaiás dunha cidade de Nadal creada con máis de 50.000 globos biodegradables

0

O conselleiro de Cultura asistiu esta tarde ao prendido das luces que engalanan a Cidade da Cultura como un xeito simbólico de dar comezo ao ‘Nadal no Gaiás’

A Xunta de Galicia convida as familias a vir gozar desde hoxe ao Museo Centro Gaiás dunha cidade de Nadal recreada con máis de 50.000 globos biodegradables; presidida por unha árbore xigante para decorar entre todos; e animada por obradoiros de balde para a cativada. Ademais, a Cidade da Cultura lucirá dun xeito especial nestas festas, xa que os edificios, as rúas exteriores e os espazos naturais do complexo deseñado por Peter Eisenman estarán engalanadas de pequenas luces recreando as constelacións do firmamento. Sumaráselle a árbore lumínica erixida no Bosque de Galicia e visible desde o centro de Compostela.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu ao prendido esta tarde da árbore xigante do Museo Gaiás e que preside a cidade de Nadal, unha urbe máxica construída con casas, rúas e personaxes creados con globos de cores para que os visitantes que se acheguen á Cidade da Cultura se sintan como protagonistas dun conto.

Obradoiros de balde e sen inscrición polas tardesNeste acto simbólico do inicio da programación de Nadal, Román Rodríguez animou as familias a vir gozar desta cidade de conto esta mesma fin de semana con obradoiros creativos, que se ampliarán a todas as tardes da semana a partir das vacacións de Nadal, sen inscrición previa e de balde.

Tamén esta mesma fin de semana contarase co espectáculo circense-musical Orquestra de malabares, que se celebrará mañá sábado e para o que xa están todas as prazas cubertas. Os malabaristas da compañía Pistacatro teñen argallado un abraiante número de danza aérea nun fermoso diálogo escénico coa banda Unión Musical de Meaño. O espírito circense tamén é protagonista do espectáculo Pequeno circo de Nadal que se poderá gozar na Biblioteca de Galicia, o 23 de decembro, e para o que tampouco hai xa entradas.

Gran gala de maxia: ‘Galicia Magic Fest’No entanto, quedan entradas para Galicia Magic Fest, unha gran gala organizada polo mago galego Pedro Volta. Este espectáculo reunirá o sábado 28 de decembro a un total de sete ilusionistas chegados de todos os recunchos do mundo, que atesouran diferentes recoñecementos internacionais nesta disciplina, e entre os que se atopa un gran premio mundial como é Norbert Ferré.

Concurso Postais de NadalE como todos os anos, no Nadal no Gaiás non falta o tradicional concurso de postais, que se abre á participación da cativada, ata os 9 anos de idade. Ata o 22 de decembro pódense enviar por correo postal ou electrónico ([email protected]) as creacións coas que os pequenos e pequenas da casa imaxinan o seu máxico Nadal no Gaiás. Para orientalos, na páxina web da Cidade da Cultura (cidadedacultura.gal) está subido o bosquexo dunha árbore de Nadal para descargar e, a partir dela, debuxar e crear ao antollo dos pequenos artistas.

Todas as postais recibidas serán exhibidas na gran gala de maxia Galicia Magic Fest e as mellores terán un agasallo como recompensa ao esforzo, á creatividade e ao enxeño posto. Estes regalos daránselles aos pequenos o mesmo día, 28 de decembro, antes de que comece o espectáculo de Pedro Volta.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre