Inicio Galicia A Xunta convida aos veciños de Santiago a participar este sábado nunha...

A Xunta convida aos veciños de Santiago a participar este sábado nunha andaina para coñecer a nova variante de Aradas

0

O percorrido comezará ás 10:30 horas desde a rotonda da vía Nobel, no polígono do Tambre

A Xunta convida aos veciños de Santiago a participar este sábado, día 2 de febreiro, nunha andaina pola nova variante de Aradas.

O percorrido a pé pola nova infraestrutura comezará ás 10.30 horas, pero as persoas interesadas xa poderán achegarse dende as 10:00h ao punto de encontro, que se fixa na rotonda da vía Nobel, no polígono do Tambre.

Esta andaina, cun percorrido total de 3 quilómetros, ten como obxectivo achegar e dar a coñecer esta nova estrada tendo en conta que o vindeiro luns, día 4 de febreiro, a partir das 17 horas entrará en servizo a variante de Aradas.

Trátase dunha actuación estratéxica para Santiago e a súa contorna no que a Xunta vén de investir case 6,3 millóns de euros, contribuíndo a reforzar a competitividade do polígono industrial do TambreCo impulso desta infraestrutura, de 1,6 km, se comunica o polígono do Tambre coas estradas a Santa Comba e Trazo e canalizará os tráficos procedentes dos concellos próximos que se acheguen ata esta zona industrial ou cara ás vías situadas ao leste da cidade, como a AP-9.

A nova estrada actuará de variante de toda a zona norte da cidade, aliviando o tráfico nas rúas composteláns, ao posibilitar que se retiren de Vite e de Vista Alegre preto de 4.000 vehículos que diariamente circulan por esta zona, a metade deles pesados.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre