Inicio Galicia A Xunta contribúe a impulsar a xeotermia galega cun acordo para incluír...

A Xunta contribúe a impulsar a xeotermia galega cun acordo para incluír este sector na marca Galicia Calidade

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá en Santiago de Compostela na sinatura dun protocolo de colaboración entre a Xunta, Acluxega e EnergyLab

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá en Santiago de Compostela na firma do protocolo de colaboración entre a Xunta, Acluxega e EnergyLab para estender a marca Galicia Calidade ao sector da xeotermia e impulsar, deste xeito, a calidade e fiabilidade das empresas galegas ligadas a este recurso enerxético: “Temos os recursos, o coñecemento e un tecido produtivo competitivo para logralo”, asegurou.

O conselleiro agradeceu tanto a Acluxega como a EnergyLab o seu importante papel no avance, divulgación e coñecemento da xeotermia na Comunidade e asegurou que o paso que hoxe se deu é definitivo para certificar a calidade desta fonte enerxética en Galicia: “Un paso no que temos que seguir traballando conxuntamente apostando polas enerxías renovables e que Galicia siga á vangarda do desenvolvemento da xeotermia en España para diferenciarnos pola calidade das instalacións e a súa eficiencia enerxética”, explicou Conde.

As empresas que queiran adherirse estarán certificadas a través de controis e procesos de auditoría coordinados tanto por Galicia Calidade, como por Acluxega coa colaboración de EnergyLab para verificar o cumprimento dos requirimentos técnicos e de calidade esixidos.

Leer más:  Los dos detenidos en Pontevedra en la operación contra 'narcotransportistas' del Estrecho pasan a disposición judicial

Así, Galicia Calidade, como xa fixera coa biomasa, segue ampliando horizontes e incorpora un novo recurso ao seu catálogo de más de 350 produtos de orixe galego de calidade. O acordo será unha garantía da adecuada comercialización e rigorosa instalación de servizos e permitirá que as empresas do sector teñan unha maior presenza a nivel estatal. O conselleiro considerou, ademais, este paso unha oportunidade para diferenciar Galicia cun produto que nos pode situar como referente.

Conde destacou, ademais, a aposta da Xunta de Galicia en materia de enerxías renovables -recollida nas Directrices enerxéticas 2018-2020- e, en concreto, o impulso que se lle está a dar á xeotermia a través da Estratexia galega que se puxo en marcha en 2015 e que, desde entón, permitiu mobilizar máis de 10 millóns de euros, duplicar as instalacións con respecto aos tres anos anteriores, duplicar o volume de negocio, aforrar 1 millón de euros en combustible e, a nivel enerxético, o equiparable ao consumo eléctrico de 1000 familias e diminuír as emisións de CO2 equivalentes á plantación de 45.000 árbores.

Leer más:  El PSdeG premia a las futbolistas Vero Boquete y Paula Dapena con los V Premios de Igualdad 'Maruja Vázquez'

Tal e como asegurou, Galicia está máis preto de liderar o mercado español ao contar, na actualidade co 15,5% das instalacións e preto de 30MW. Así, apostou por seguir dando pasos no seu fomento para incrementar o seu uso a nivel particular e empresarial e destacou o proxecto pioneiro da Xunta para implantar o primeiro Ecobarrio en Ourense que contará coa primeira rede de xeotermia de Europa.


- Te recomendamos -