Inicio Galicia A Xunta continuará colaborando coas empresas galegas na implantación da Responsabilidade Social...

A Xunta continuará colaborando coas empresas galegas na implantación da Responsabilidade Social Empresarial

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na inauguración do I Encontro Empresarial Social sobre a Responsabilidade Social Empresarial

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a aposta da Xunta por fomentar a Responsabilidade Social Empresarial (RSE) e axudar ás empresas para que se comprometan con retos sociais e ambientais como o cambio climático, a igualdade entre mulleres e homes ou a inclusión social. Por iso, sinalou tamén a importancia de que empresas e entidades sen ánimo de lucro colaboren no desenvolvemento desta estratexia para acadar unha economía competitiva e, ao mesmo tempo, sustentable e responsable.

Alfonso Rueda participou na inauguración do I Encontro Empresarial Social sobre a Responsabilidade Social Empresarial, organizado polo Rotary Club e o Foro Empresa Pontevedra, destinado a fomentar a cooperación das empresas de Pontevedra e a súa comarca na execución de proxectos relacionados co ámbito social, medioambiental ou deportivo levados a cabo por entidades sen ánimo de lucro.

Na súa intervención destacou os avances da Xunta para apoiar ás empresas que aposten pola RSE como a creación en 2012 do Grupo de Representación Empresarial Galego nesta materia que sentou as bases deste modelo en Galicia. Ademais, a Administración autonómica aprobou a Estratexia Galega de RSE 2021, dotada con 50 millóns de euros e 30 medidas concretas como o apoio económico ás empresas que adquiran compromisos económicos, ambientais e sociais co seu entorno. O Goberno tamén dispón de varios programas de asesoramento e formación para a implantación da RSE no ámbito empresarial.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre