Inicio Galicia A Xunta continúa coa renovación do parque móbil da Policía Autonómica coa...

A Xunta continúa coa renovación do parque móbil da Policía Autonómica coa entrega hoxe de 6 novos vehículos

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo hoxe entrega destes vehículos, nos que se investiron mais de 190.000 euros

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe no acto de entrega de 6 novos vehículos para a Policía Autonómica, especialmente equipados para as labores relativas ao medio ambiente, recursos ambientais, prevención e loita de incendios forestais e furtivismo, cun investimento global de 192.000 euros.

A renovación da flota mellora os medios técnicos e a mobilidade deste corpo autonómico, e polo tanto facilita que poidan prestar un servizo mellor e máis rápido á cidadanía. Nesta ocasión, dos 6 vehículos, 2 deles son todoterreos destinados á prevención e loita contra incendios e furtivismo, e os outros 4 son para as patrullas medioambientais.

O equipamento forma parte dun plan de mellora dos medios materiais dos que dispón a Comunidade Autónoma e que permitirá mellorar a eficacia das actuacións na prevención de riscos e nas intervencións de emerxencias en Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre