Inicio Galicia A Xunta conta con 34 educadores no centro de menores Monteledo de...

A Xunta conta con 34 educadores no centro de menores Monteledo de Ourense para garantir o benestar dos usuarios

0

Trátase un novo modelo de cobertura de vacacións no que todo o persoal mantén relación laboral estable, estando contempladas tanto as vacacións como os descansos ou festividades


O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, explicou hoxe, durante a súa intervención no Parlamento de Galicia, que o benestar e a protección dos nenos, nenas e adolescentes galegos é prioritario, e o de aqueles menores que cumpren medidas xudiciais pola comisión de ilícitos penais, e por elo “desde o Goberno galego traballamos día a día para que crezan e se desenvolvan nas condicións máis adecuadas”. Neste sentido, o conselleiro, preguntado pola situación do Centro de menores Monteledo de Ourense, destacou que o persoal educativo está composto por 34 educadores/as, en situación de alta na Seguridade Social durante os 365 días do ano.

Este persoal ven determinado polas esixencias mínimas dos pregos de prescricións técnicas que motivaron o actual contrato (32 educadores/as) así como da mellora ofertada por Fundación Diagrama: incrementouse o persoal en 2 educadores máis, cos que se dá estabilidade laboral ás persoas que anteriormente cubrían as vacacións en réxime de interinidade ou outras fórmulas de contratación temporal.

Leer más:  Una chimenea de leña provoca un incendio en una vivienda de Ribeira (A Coruña) sin dejar heridos

Cabe lembrar que o persoal do centro anterior ao actual contrato estaba composta por 23 educadores/as e 3 auxiliares educativos (26 en total), sendo o reforzo de vacacións realizado por persoal interino sen estabilidade no emprego. Na actualidade, o persoal está contratado a xornada completa e de forma estable ao longo do ano, nun número de 34 educadores/as.

Con esta fórmula, exposta por Fundación Diagrama, contémplase un novo modelo de cobertura de vacacións no que todo o persoal mantén relación laboral estable, estando contempladas tanto as vacacións como os descansos ou festividades dentro da xornada laboral anual pactada, e cubríndose o resto de eventualidades (Incapacidade Temporal, licenzas, excedencias) para manter de forma estable o persoal educativo nos termos descritos, de 34 educadores/as en alta durante todo do período.  


- Te recomendamos -