Inicio Galicia A Xunta constata a necesidade de que o Goberno de España presente...

A Xunta constata a necesidade de que o Goberno de España presente o antes posible proxectos competitivos para modernizar a rede de mercadorías do Noroeste con fondos europeos

0

O Goberno galego conseguiu participar nas xuntanzas de seguimento da Comisión Europea


O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, participou hoxe no encontro do grupo de traballo sobre o Corredor Atlántico organizado pola Dirección Xeral de Transporte da Comisión Europea, onde confirmou a necesidade de que o Goberno estatal presente canto antes proxectos competitivos para modernizar a rede de mercadorías do Noroeste con fondos comunitarios.

A Xunta está a ter a oportunidade de participar nestes grupos de traballo tras ser aceptada en abril a solicitude presentada pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na liña de poder facer seguimento do impulso do Corredor Atlántico de Mercadorías.

Na xuntanza de hoxe presentouse o seguimento dos Proxectos do Corredor e a nova convocatoria do programa de financiamento comunitario en materia de transporte ‘Conectar Europa’.

A Xunta participa nestes foros polo interese da Comunidade autónoma en lograr que a incorporación ao Corredor Atlántico de Mercadorías se traduza nunha modernización real da rede ferroviaria, especialmente para dotar aos principais portos galegos de óptimas conexións.

Para acadar eses obxectivos, cómpre que o Goberno estatal presente uns proxectos de calidade que permitan aproveitar os fondos comunitarios para promover a optimización da rede ferroviaria de mercadorías e impulsar a conexión ferroviaria dos principais portos, incluída a saída sur de Vigo.

A asistencia a estes encontros está a confirmarlle á Administración autonómica unha preocupante falta de avances na promoción da rede de mercadorías do Noroeste ante o mecanismo de financiamento comunitario ‘Conectar Europa’ A Xunta, en alianza cos Executivos de Asturias e Castela e León e con numerosas forzas empresariais e sociais das tres comunidades, vén traballando arreo nos últimos anos para que a incorporación do Noroeste ao Corredor Atlántico redunde no incremento da capacidade loxística e competitividade económica destes territorios. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre