Inicio Galicia A Xunta considera totalmente insuficiente a asignación do primeiro tramo do fondo...

A Xunta considera totalmente insuficiente a asignación do primeiro tramo do fondo covid porque penaliza a Galicia

0

Galicia recibirá menos do 4,5% dos fondos pese a que representa o 6,4% da poboación protexida de España

A Xunta de Galicia considera totalmente insuficiente a asignación á Comunidade Autónoma do primeiro tramo do Fondo Covid, publicada hoxe no BOE polo Ministerio de Facenda, xa que penaliza a Galicia no reparto deste tramo de 6.000 millóns de euros para gasto sanitario.

A Xunta de Galicia considera positiva a creación dun Fondo Covid para as comunidades autónomas, pero discrepa totalmente da metodoloxía utilizada polo Ministerio de Facenda no reparto destes fondos. O Goberno central cambiou de xeito unilateral os criterios de reparto utilizados no sistema de financiamento autonómico e no primeiro reparto de fondos Covid aprobado en marzo, e este cambio penaliza claramente a Galicia, como xa advertiu a Xunta en reiteradas ocasións e mesmo se lle trasladou ao Goberno.

A consecuencia disto é que a cantidade asignada hoxe a Galicia no primeiro tramo de 6.000 millóns do Fondo Covid é totalmente insuficiente. De feito, a Comunidade Autónoma de Galicia recibe nesta asignación menos do 4,5% dos fondos, pese a que representa o 6,4% da poboación protexida equivalente de España.

No reparto de fondos Covid que o Goberno realizou en marzo a poboación protexida tiña un peso do 80%. Pola contra, neste primeiro tramo ese peso redúcese a menos da metade, o 35%, e isto obviamente prexudica a Galicia porque reduce o peso da dispersión poboacional ou do avellentamento, que son factores claves para determinar o gasto sanitario.

Ignórase o gasto en residencias integradas e atención domiciliariaAdemais, no reparto deste tramo o Goberno só ten en conta o gasto hospitalario e, polo tanto, ignora o gasto de atender a persoas nos seus fogares, o gasto nas residencias integradas ou o gasto que afrontou Galicia en atención primariaGalicia lamenta tamén que este reparto non se decidise no Consello de Política Fiscal, que é o órgano de interlocución creado para abordar estas cuestións. En todo caso, a día de hoxe a Xunta de Galicia aínda non recibiu nin un euro dos 16.000 millóns. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre