Inicio Galicia A Xunta concede unha nova axuda á Fundación Amigos de Galicia para...

A Xunta concede unha nova axuda á Fundación Amigos de Galicia para reforzar a inclusión social de persoas inmigrantes

0

A achega ascende a 290.000 euros que tamén se destinarán a garantir a cobertura de necesidades básicas das persoas e das familias con menos recursos

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu esta mañá á inauguración das novas instalacións da Fundación Amigos de Galicia, onde anunciou a concesión dunha nova axuda de preto de 290.000 que lle acaba de conceder o Goberno galego. Esta achega permitiralle á entidade traballar na inserción social de persoas inmigrantes e dar cobertura de necesidades básicas para familias sen recursos, entre outros aspectos.

Arturo Parrado, durante a visita, enxalzou o labor que desenvolve este colectivo cos máis necesitados e que ten como piar fundamental a loita contra a pobreza infantil. Neste sentido, lembrou que durante o pasado ano, a Fundación Amigos de Galicia atendeu as necesidades básicas de 15.590 menores de Galicia en situación de pobreza ou exclusión social.

Pola súa parte, a Xunta de Galicia demostra de novo o seu compromiso con esta asociación ao conceder esta achega dentro da orde de entidades 2018-2020. Cómpre recordar que o pasado ano a Administración autonómica xa lle outorgara unha axuda de máis de 224.000 euros para realizar actuacións ao longo do 2018. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre