Inicio Galicia A Xunta concede na provincia da Coruña axudas a 141 persoas que...

A Xunta concede na provincia da Coruña axudas a 141 persoas que se acollen á redución da xornada laboral para o coidado dos seus fillos e fillas

0

A axuda media foi de preto de 2.000 euros, inda que segundo os casos pode chegar ata os 3.400

Un total de 141 persoas, das que 109 son homes e 32 mulleres, se benefician na provincia da Coruña das axudas da Secretaría Xeral da Igualdade destinada ás persoas traballadoras -homes e familias monoparentais- que se acollen á redución da xornada laboral para o coidado dos seus fillos e fillas. No total galego, as axudas chegan a 280 persoas.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta convocatoria de axudas, que ten como obxectivo fomentar a conciliación da vida familiar e laboral, ao tempo que se fomenta a corresponsabilidade entre homes e mulleres e se favorece, así, a desaparición dos estereotipos en torno ao coidados dos menores e do fogar. Por iso, a convocatoria está destinada fundamentalmente a homes, inda que tamén se inclúen as familias monoparentais que, pola súa situación, precisan dun apoio específico.

O orzamento concedido este ano para as 141 persoas beneficiarias na provincia da Coruña ascendeu a un total de 279.673 euros, cofinanciado ao 80% polo Fondo Social Europeo. As axudas individuais teñen unha contía media de 1.977 euros, inda que esta pode chegar ata os 3.400 euros, en función da porcentaxe da redución da xornada, a súa duración, e o número de fillos a cargo da persoa solicitante.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, destacou que “esta liña de axudas individuais é un piar máis na loita da Xunta de Galicia por conseguir a igualdade real entre homes e mulleres en todas as áreas, xa que axuda a conciliar a vida familiar e laboral e fomenta a igualdade de xénero no ámbito do traballo”.


- Te recomendamos -