Inicio Galicia A Xunta concede máis de 2,5 millóns de euros en axudas para...

A Xunta concede máis de 2,5 millóns de euros en axudas para a instalación de novos ascensores en preto de mil vivendas galegas

0

As vivendas beneficiadas polas axudas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda son máis do dobre das correspondentes á primeira convocatoria, no 2017


Preto dun milleiro de familias galegas se beneficiaron este ano das axudas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda destinadas á instalación de ascensores, salvaescaleiras e outros aparellos elevadores nos edificios e vivendas nos que non existen.

A convocatoria de axudas realizada pola Xunta en marzo deste ano sáldase coa concesión dun total de 120 axudas, das que se beneficiarán un total de 997 vivendas. O importe das axudas concedidas ascende a máis de 2,5 millóns de euros.

Na primeira convocatoria, correspondente a 2017, concedéronse 59 axudas das que se beneficiaron máis de 400 vivendas. En 2018 duplicáronse os fondos destinados a esta liña de axudas, o que supuxo duplicar o número de axudas concedidas, mentres que o número de vivendas beneficiadas é máis do dobre.

As axudas están destinadas á instalación de ascensores, salvaescaleiras e outros mecanismos elevadores nos edificios de vivendas que carecen deste servizo. Da mesma maneira, a Xunta subvenciona a instalación destes mecanismos en vivendas unifamiliares e en vivendas tipo dúplex, co obxectivo de mellorar as condición de accesibilidade das vivendas galegas.

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

Estas axudas, cuxo importe pode acadar o 60 por cento do custe, son compatibles con outras que se poidan conceder para o mesmo fin, sempre que a suma total non supere o custe da instalación.

No caso de edificios residenciais colectivos os destinatarios das axudas son as comunidades de propietarios, e no caso das vivendas unifamiliares e dúplex, os propietarios. En todos os casos debe tratarse de persoas físicas. No caso das vivendas unifamiliares e dúplex, os ingresos ponderados da unidade familiar non poderán supera 3,5 veces o Iprem.

Ademais desta liña de axudas, o Goberno galego conta tamén con subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria destinadas á renovación de ascensores xa existentes. 


- Te recomendamos -