Inicio Galicia A Xunta concede máis de 11 M? en axudas ao abeiro do...

A Xunta concede máis de 11 M? en axudas ao abeiro do Plan marco para a mellora dos camiños municipais de acceso a parcelas agrarias

0
image_gallery.jpg

O DOG publica hoxe a resolución coas axudas concedidas aos concellos galegos


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural que fai públicas as axudas concedidas ao abeiro do Plan Marco para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021. En concreto, aprobáronse achegas por un valor de 11,06 millóns de euros, que se xestionarán a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

A finalidade do plan, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), é darlle un pulo ás condicións de vida nas aldeas mediante o acondicionamento das vías que dan acceso ás parcelas agrarias, que son as canles de entrada e saída das producións rurais. Co arranxo deses camiños, a Xunta contribúe á vertebración do territorio, dinamizando o tecido produtivo e mellorando a capacidade organizativa desas áreas.

As achegas van destinadas a facilitarlles aos concellos galegos a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais que dan acceso a parcelas agrícolas, incluíndo tanto actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, como o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes.

Cabe lembrar que, para dar servizo a cada unha das localidades da comunidade, se estableceron uns criterios de distribución das asignacións económicas previamente consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Estes criterios determináronse a partir dun importe fixo por concello, habitante e entidade de poboación, dentro duns límites de máximos e mínimos, co fin de garantir unha repartición equitativa. A estas variables incorporáronse factores correctores vinculados á superficie, ao peso do agro en cada municipio, así como ao grao de despoboamento e de envellecemento. Ademais, incrementouse nun 50% a contía para aqueles concellos fusionados.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre